MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

mércores, 26 de xuño de 2019

ANÁLISE DOS RESULTADOS

Despois de todo o traballo feito durante o curso escolar 2018-2019 temos que constatar que as rutas escolares propostas non son seguras.
Pero o positivo é que parece que todo vai por bo camiño posto que os axentes da Policía Local tamén recolleron incidencias nas nosas saídas, e representantes da ANPA involucráronse para axudarnos a elaborar estas "Rutas escolares seguras".




Esperamos poder seguir co Proxecto para o vindeiro curso e así poder facer realidade dúas RUTAS ESCOLARES SEGURAS para o noso Colexio, o CEIP CAMPOMAIOR.

martes, 25 de xuño de 2019

RUTA ESCOLAR SEGURA

Despois de realizar a pé por todo o alumnado de infantil do CEIP CAMPOMAIOR as dúas RUTAS ESCOLARES "SEGURAS" debemos constatar que non son moi seguras posto que:

- O adoquinado das beirarrúas está levantado ou en mal estado.
 A rúa Alfonso Senra ten a beirarúa levantada e incluso hai ocos perigosos onde o alumnado pode introducir un pé.



O memo acontece na rúa do Recreo:

- Hai pasos estreitos.

- Hai moitos postes da luz no medio da beirarrúa.

- É habitual encontrar coches estacionados enriba da beirarrúa.


- Existe unha zona sen paso de peóns na rúa Mirón.

- Os pasos de peóns necesitan unha man de pintura.

- Na rúa Campomaior un dos pasos de peóns lévanos ó arcén de apenas medio metro.

-O paso de peóns que está diante do Colexio non ten desnivel para subir con sillas ou carritos.

- Non existe a sinal de zona escolar.

TRABALLO DE AULA: 5 ANOS B


Algunhas das actividades realizadas polo alumnado de 5 anos B na aula foron:

  •    Ubicación no mapa do Concello e a parroquia na que se ubican as nosas vivendas.
  •     Elaboración do percorrido dende a nosa vivenda ata o Colexio empregando o Google Maps e identificando no plano as zonas de estradas, edificacións…
  •   Comparativa dos percorridos para saber quen percorre máis ou menos distancia dende a súa casa ata o Colexio.
  •   Coñecemento dos sinais de tráfico máis frecuentes e importantes tanto como peóns como condutores dun vehículo (coche, bicicleta…).
  •    Creación de maquetas dun pobo empregando pezas de construción e incorporando vehículos, peóns e sinais de tráfico.
  • Discriminación de condutas correctas e incorrectas como usuarios da vía pública a través da valoración de accións en láminas.


TRABALLO DE AULA: 5 ANOS A


1. COÑECEMOS O CAMIÑO SEGURO

En primeiro lugar, co grupo aula observamos o rueiro de Ordes, e sinalado o traxecto que iamos facer camiñando, observamos a traxectoria e os sitios polos que tiñamos que pasar. Algúns nenos/as manifestaban se vivían preto ou non dalgún dos sitios que viamos, ou outros establecementos que había preto do camiño que estaba debuxado. Deseguido, nun folio branco o alumnado intentou plasmar o mesmo traxecto e os puntos de referencia que vimos no plano (a casa do Concello, unha rotonda, as piscinas…)








2. XOGAMOS COAS SINAIS DE TRÁFICO

Con pequenos grupos, revisamos algunhas sinais de tráfico que podíamos atopar pola rúa; unha vez recoñecidas, simulamos varios papeis (coches, peóns, gardas…). O alumnado tiña que realizar un percorrido respectando as sinais e facendo preguntas sobre que atopariamos despois de ver algunha das sinais (por exemplo, que deberíamos atopar despois dunha sinal de paso de peóns)





3. ANALIZAMOS O CAMIÑO ESCOLAR

Tras ir á andaina polo traxecto que previamente vimos no plano, votouse na aula cal era a nosa opinión sobre o camiño escolar (moi seguro, nada seguro, ou mellorable). Xa que case ninguén o considerou moi seguro, puxémonos de acordo naquelas cousas que vimos ao longo do traxecto e que estaban deterioradas ou que habería que mellorar, e anotámolo na pizarra



TRABALLO DE AULA: 4 ANOS B


Na aula de 4 anos B desenvolvimos varias actividades en relación o Plan Proxecta , fixemos posta en común do que sabiamos sobre a temática sobre todo do que eles entendían como camiño seguro que debía recoller unha serie de requisitos.
Unha vez explicado conceptos e normas básicas sobre seguridade vial pasamos a plasmar o aprendido en varias actividades impresas.





Unha vez traballado esta parte pasamos a traballar a saída que tiñamos prevista para recoller información de se realmente podiamos ter un camiño seguro que nos levase ao noso cole, para elo fixemos na aula varios simulacros do camiño que iamos realizar dramatizando diferentes situacións que podiamos atopar na rúa.


Tamén en concordancia con esta preparación á saída usamos o Beebot co taboleiro do Rueiro de Ordes onde fomos recorrendo varias localizacións do noso pobo para trazar o recorrido que posteriormente iamos a realizar a pé na nosa saída.


E tamén a través das TICS continuamos traballando conceptos Básicos sobre a Educación Vial e a Seguridade Vial con distintos xogos interactivos.



E chegou o gran día, xa estabamos preparados para a nosa ruta onde debiamos recoller toda a información precisa para facer un Camiño Seguro, collemos o chaleco e saímos ás rúas.



Na nosa saída recollimos un montón de información que puxemos en común nunha Asamblea e posteriormente plasmamos nun debuxo aquelo que nos habiamos atopado para facer a nosa ruta dun Camiño Seguro que nos levase o noso cole onde non podían faltar os nosos amigos os Policias Locais.





TRABALLO DE AULA: 4 ANOS A


Para comezar a desenvolver o Plan Proxecta dentro da aula de 4 anos A do CEIP Campomior, o primeiro que realizamos foi unha posta en común dos coñecementos previos dos nenos e das nenas sobre o que entendía por camiño seguro.













Unha vez aclarado o concepto, puxémonos a investigar cal sería o camiño que nos tocaría realizar a nós e avaliar como camiño seguro ou non. Para iso collimos un mapa da vila, vimos a súa utilidade e identificamos direrentes puntos da vila.

Tras averiguar que o noso punto de partida sería a rúa Mediodía e o noso punto de chegada o cole, vimos os diferentes camiños que poderíamos realizar.


Unha vez visto o camiño que íamos realizar e visto polas rúas que íamos pasar, fixemos cada un e cada unha a propia representación a través dun debuxo da visión que tiñamos do camiño reflexado no mapa. Aquí presentamos algún deles.



Outra das actividades que tamén levamos a cabo é o coñecemento de diferentes sinais de tráfico, o que nos axudou para poder realizar posteriormente a saída e poder desplazarnos polas rúas sen dificultade.
A seguinte actividade que realizamos foi unha saída por Ordes, dende a rúa Mediodía ata o CEIP Campomaior,  o obxectivo desta actividade era coñecer si este era un camiño seguro. Puxemos o chaleco, e preparados para sair.
Durante o percorrido fomos analizando se había beirarrúas, pasos de peóns, barandillas…

Unha vez na aula analizamos o camiño e vimos que había diferentes puntos que non eran seguros, xa que non había beirarrúas.
 Por último, representamos mediante un debuxo o que significa para cada un e unha de nós o que é o camiño que realizamos. 


TRABALLO DE AULA: 3 ANOS B


O alumnado de 3 anos B fixeron as seguintes actividades:

Actividades previas:
-          Comezamos facendo un sondeo a nivel de aula dos nenos/as que viñan en bus, andando ou en coche ó Colexio.
-          Fixemos unha “investigación previa” do que sabemos sobre a seguridade vial (pasos de peóns, as beirarrúas…).

Actividades principais:
-          Usamos o escornabot para traballar co taboleiro do Rueiro de Ordes os principais lugares da vila e tamén para trazar con posteriormente a pé. Analizamos sobre o taboleiro por xunto a qué sitios íamos a pasar e se a casa dos nenos/as da aula estaba preto ou lonxe.


Actividades de finalización:
-          Despois de facer a ruta, na aula analizamos por onde pasamos (que sitios dos vistos no taboleiro vimos) e tamén por onde camiñamos, se cruzamos algún paso de peóns, etc.